Grupo de Traballo Galego

de Londres

 

Boletín

Cuarta época

Número 41

                                                                  Decembro 2009

                          julitembras@googlemail.com

 

 

 

 

 

Presentazón

A nosa historia

Números anteriores

Alicerces nacionalistas

Diáspora

Eivas patriarcais

Europa

Lingua

Textos varios

Ligazóns

 

 

 NOTA EDITORIAL

 

A partires do número 39 no canto das opinións que se publicaban como resumo das deliberacións do Grupo aparecen artigos de opinión individual asinados polos seus autores ou autoras.

=============================================================

CARTAS SOBRE ESPAÑA E GALICIA A EMILIA PARDO BA'ZAN

Publicamos neste número a decimocuarta das cartas do libro

Cartas sobre España e Galicia a Emilia Pardo Bazán,

 orixinal de Teresa Barro. Pulse

CARTA XIV

Para as cartas anteriores:

CARTA XIII

CARTA XII

CARTA XI

CARTA X

CARTA IX

CARTA VIII

CARTA VII

CARTA VI

CARTA V

CARTA IV

CARTA III

CARTA II

 CARTA I,

======================

Na sección de textos varios (clique na columna da esquerda) engádese, dentro da nosa temática diásporica, un artigo de Edmundo Moure sobre Ramón Suárez Picallo, o sadense universal; experiencia chilena: 1941-1956.

========================================================

Desatinos e desacertos

Teresa Barro

            A política galega está enchida de desacertos e tamén de desatinos. Os desacertos pódense discutir, pois o que é desacerto para alguns pode ser acerto para outros. Os desatinos, en cambio, non admiten discusión, pois que son lastradas de pensamento e de acción.

            Os desatinos cuase sempre nacen de ideas preconcebidas e de sentimentosherdados”. Moitos dos desatinos que agora imperan na Galiza xurdiron arredor do que se considera identidade galega e da língua galega. E a maioría deles son calcos exactos das ideas preconcebidas e dos sentimentosherdados” da sociedade española. O que poderíamos chamar “galegueo” é o españoleo trasladado a Galiza. Nen o españoleo nen o galegueo son patriotismo, senon  todo o contrario. O españoleo nunca valeu para mais nada que para confundir aos habitantes do territorio español e levalos a viver sen entender o mundo no que están. E o galegueo vai levar ao mesmo se non se lle pon freo. ¿Por qué? Porque os dous xurden dunha actitude de finchamento e de querer ser mais que ninguén, unha actitude despectiva cós demais que anula a posibilidade de aprender nunca nada porque xa se sabe todo. Unha actitude de superioride innata por ter isto ou o outro e por considerarse fonte e orixe de todo. E igual que o afonchamento nunha persoa non a deixa evoluir e desenvolverse como debía, o afonchamento nun país non leva mais que a facer erros e a perder o tempo en tarefas que non valen para nada.

            ¿A ónde levou o finchamento español, ese considerarse superiores a todo o mundo polas glorias pasadas, o imperio, a língua universal e demais constructos ilusorios? O resultado foi que esas gaitadas valeron e valen dentro pero non  fóra, e que España leva varios séculos sen entender o mundo no que está, desfasada no ámbito internacional e quedando máis mal que ben. ¿É iso o que se quer para a Galiza? ¿Que os galegos fiquen coa cabeza chea de fumes e inventando un mundo que non existe pero que eles cren coñecer mellor que ninguén ?¿Quérese unha Galiza na que toda a información do mundo internacional veña de El País e que polo tanto non se entere de mais nada que do que queren os manipuladores da política española, e que non sexa capaz de interpretar a política mundial porque esa interpretación a recebe en forma de dogma indiscutíbel?

            Confundir o galeguismo afonchamento leva a ceibar un desatino atrás doutro. Desatino é afirmar, como se está afirmando agora, que o inglés dos Estados Unidos non é criación ou que Herta Müller, o premio Nobel, escrebe nunha língua minoritaria.

            O alemán poderá ser unha língua de minorías na Rumania, pero é un idioma importante que non pode ser calificado de minoritario. E a un escritor vaille costar moito mais traballo difundir os seus escritos e levar premios se escrebe en rumano que se escrebe en alemán. Polo tanto escreber en alemán foi para Herta Müller unha vantaxe.

            O deliramento de que o inglés dos Estados Unidos non poda ser língua de criación ven de querer crer que hai línguas que nacen como auga de manantío nun país criador nato. Os outros receben esas línguas pero, como non son criadores, poden usalas como subordinados  sen categoría. As línguascriativas”, según esta maneira de pensar, son as que están na Europa, porque os habitantes das Américas, tanto os de língua inglesa como os de língua española, son como nenos, “indios”, ignorantes, inferiores natos e non poden ter criatividade. Semella que xa hai quen pensa que a língua galega naceu por impulso criativo dos habitantes da Galiza.

            Ignorancia e fumes producen desatinos. E o que menos convén á Galiza é que se espallen desatinos arredor dela.

 

 

.

=========================================================

 

Non abonda coa lingua

 

Fernando Pérez-Barreiro Nolla

 

Con tres decenios de autonomía galega, e despois do fortuito e breve paso  dunha formación polìtica nacionalista polo poder, síntese a fraxilidade ou a inexistencia dun proxecto galeguista que responda aos anceios que alentaron o galeguismo como proposta de orixinalidade e desenvolvimento dunha sociedade, unha cultura e un ideario diferentes dos infundidos por un centralismo uniformador e abafante.

 

O réxime autonómico real, como aquel ¨socialismo real¨ doutrora, desencanta aos que acobillaron esperanzas de mudanza radical, pero resulta aceptabel e até cómodo para unhas clases polìticas sempre dispostas a aproveitar as blandicias do poder sen perder tempo en criticar os fundamentos. A burocracia medra vizosamente nesas condicións e cría un espellismo de solidez ao mesmo tempo que concita intereses varios que transforman a lama en masa ou morteiro duro de desfacer.

 

En situacións como esas ten importancia suprema descobrir os puntos de inflexión que as propiciaron e tamén os alicerces escoxentos que permitiron inflexións defectuosas.

 

O proprio réxime autonomic galego, nas diferentes encarnacións de goberno que até agora exhibiu, recoñece a súa orixe no que outros chamamos ¨neogaleguismo¨,  obra teimuda e argallada a mantenta por Ramón Piñeiro. Compre, pois, revisar varios postulados dese neogaleguismo intuito de explicar as carencias galeguistas dese réxime.

 

A insistencia de Piñeiro en centrar na língua a identidade nacional galega desviou e segue desviando enerxías da tarefa cultural, social e polìtica que tan necesaria é. Convén, xa que logo, esclarecer algunhas ideas moi básicas neste eido.

 

A lingua pode ser, sen dúbida, parte dunha cultura. Querse dicir con isto que eses dous elementos van entrabilicados. Pero non hai que pensar que abonda coa lingua para ter unha cultura. A lingua galega esmoreceu nun medio cultural reducidísimo, o do campo e o mar. Un medio que, por riba, está en extinción ou extinto. Lingua e cultura van xuntas. No réxime que criticamos, a defesa da lingua, que é tarefa noble e parte do galeguismo de sempre, desvía a atención da defesa dunha cultura e unha sociedade que sexan igualmente criativas. O resultado terribel é que, a quen observa a cultura galega, oferéceselle un panorama no que se expresa en galego una cultura esencialmente española, a española de hoxe,  que supón unha enxurrada de modas, modales e modismos da vulgaridade universal.  Pór en galego iso non é cultura galega.

 

Cando se que o neogaleguismo foi culturalista, como polo xeral din os seus críticos de inspiración marxista, incídese nun grave equívoco. Poucas ou ningunhas son as aportacións culturais desa escola que non se reduzan a expresar en galego elementos da cultura allea e imperante.  Tanto concentrarse na lingua disculpou de pensar e desviou a loita por unha Galiza que aporte algo interesante e distinto ao mundo.

 

O miolo da cuestión está en que a cultura non é cousa diferente da sociedade nen da polìtica.  Cultura, lingua e sociedade van xuntas, e, se non e así, cáise nunha perversión conceptual e moral.  O millor futuro da lingua galega, sobrevivente dun longo abandono, estaría na criación dunha sociedade e unha cultura conscientemente orixinais e dispostas a enfrentar o risco de aportar algo novo.

 

As causas polas que merecen que se loite por elas poden dexenerar con moita facilidade. E sería grande mágoa que a defesa da lingua rematase nun xesto de fachenda, de ¨presumir de lingua propia¨.  Se non se ten mais que iso, a lingual propria non vai acadar os recursos que precisa para viver e valendo como instrumento para facer politicaría.

==============================================================.

 

RECOMENDACIÓNS

Para ver Viento de Marzo. Hojas de pensamiento aireado pulse www.vientodemarzo.co.uk

Biografías de membros do GTG en http://www.barrobarreiro.blogspot.com

 

 

 

 

 

 

            Presentazón | A nosa historia | Números anteriores |Alicerces nacionalistas | Diáspora | Eivas patriarcais |Europa | Lingua | Textos varios | Ligazóns |

Para perguntas ou comentarios poden dirixirse ao Webmaster: julitembras@googlemail.com

Copyright 2003 Grupo de Traballo Galego de Londres